En breve comezará a Coresma e dende as delegacións de Catequese e Laicos, Familia e Vida queren convidar ás familias a “vivir este tempo litúrxico dun xeito especial”. Así que decidiron unirse para ofrecernos unha ferramenta sinxela que pode axudar a vivir este tempo con máis intensidade dun xeito familiar. É un PDF interactivo que se pode descargar a través de calquera dispositivo móbil.
“Camiño da Pascua, camiño da vida” é un documento interactivo con ligazóns a actividades, vídeos e cancións que “poden axudar aos familiares a achegarse a Xesús e percorrer esta viaxe cuaresmal. Deste xeito facemos que as nosas familias vivan tamén xuntas a fe, máis aló da celebración dominical”, sinala Mar Sarmentero, delegada de Laicos, Familia e Vida.