A Delegación de Pastoral Familiar da arquidiocese de Santiago de Compostela convida a todos os diocesanos a participar, a partir deste luns 14 de febreiro, no “Retiro na Casa” proposto dende a app MatrimONio, que se pode descargar no teléfono móvil ou no ordenador dende a dirección appmatrimonio.es.
Unha vez descargada a aplicación, poderanse recibir os materiais para participar no retiro, que se alongará dende o luns 14 ata o domingo 20 deste mes de febrero. Dende a organización do retiro online, a Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal, iranse colgando os materiais día a día, ata completar a semana. Pero se por calquera circunstancia non fose posible seguir o retiro na semana adicada ao matrimonio, todas as aportacións seguirán activadas na app para que se poidan utilizar en calquera momento.
O retiro na casa
A app ofrece oito carpetas con múltiples iniciativas para vivir o matrimonio con máis intensidade. Na do retiro na casa aparecen os enlaces aos sete días que durará a experiencia. Como se fose un retiro convencional, os participantes non coñecerán os materiais con anterioridade, de modo que só aparecerán na app os do día correspondente.
Cada xornada terá catro partes: unha meditación a través dun vídeo, unha oración, unha testemuña e unha tarefa ou “deberes” para que o matrimonio ou parella de noivos participante reforcé os beneficios do retiro.
Nova web
Ademáis, tamén a partir do luns 14 de febreiro, estará disponible unha nova páxina web creada ex profeso para esta Semana do Matrimonio: matrimonioesmas.org. A través dela poderase acceder a todos os recursos realizados para a súa difusión nas redes sociais.
A Semana do Matrimonio quere ser unha auténtica campaña vocacional ao matrimonio e demostra a implicación da Conferencia Episcopal Española na promoción e apoio ao laicado.
A campaña enmárcase no Ano Familia Amoris laetitia convocado polo papa Francisco o pasado 19 de marzo coincidindo co quinto aniversario da publicación da exhortación apostólica e que rematará coa celebración do X Encontro Mundial das Familias en Roma, do 22 ao 26 de xuño de 2022.
Con profundo dolor, pero con la esperanza firme en Cristo Resucitado, compartimos la triste noticia del fallecimiento de Su Santidad el Papa Francisco.
El Papa de la ternura, de la misericordia, del amor por los pobres y por la familia ha partido hoy a la Casa del Padre. Su vida fue testimonio de entrega,
de cercanía con los más pequeños, y de incansable búsqueda de una Iglesia más evangélica, fraterna y sinodal.
Desde la Pastoral Familiar, agradecemos su magisterio valiente, su impulso al cuidado de las familias y su incansable defensa de la vida.
Elevamos nuestra oración confiada por su alma y por toda la Iglesia, que hoy llora pero no desespera.
🙏 Descansa en paz, querido Papa Francisco. Gracias por mostrarnos el rostro de un Dios que siempre nos abraza.