A Delegación de Pastoral Familiar presenta o programa do curso na Vicaría de Santiago

Os responsables da Pastoral Familiar pecharon na Casa de Exercizos de Santiago a presentación do programa para o curso actual que realizaron nas últimas semanas polas tres vicarías da diocese e varios arciprestazgos. Acompañando ao bispo auxiliar, mons. Francisco José Prieto Fernández, espuxeron ante unha nutrida representación dos párrocos da vicaría os obxectivos e os retos fundamentais para este curso, que pretende ser recuperación da normalidade e superación das graves consecuencias que tivo a pandemia.

O primeiro deses obxectivos é a celebración da II Xornada Diocesana das Familias o sábado 6 de novembro no Seminario Menor de Santiago. Unha celebración á que están invitadas a participar todas as familias da diocese e sobre a que, en breve, se facilitará toda a información

© 2021 - Archidiócese de Santiago de Compostela