Xornadas de Formación dos delegados de Pastoral Familiar 2025

Tradicional encontro en Guadarrama

Os delegados de Familia e Vida das dioceses españolas celebraron o curso de formación que cada ano organiza a Subcomisión Episcopal para a Familia e Defensa da Vida. Este ano baixo o lema A familia e os signos de esperanza.

As conferencias viraron ao redor dos aspectos recolleitos polo papa Francisco na bula Spes non confundit de convocatoria do xubileu ordinario deste ano 2025.

Abriu as xornadas o bispo de Canarias e presidente da Subcomisión para a Familia e Defensa da Vida, mons. José Mazuelos Pérez, que presentou os aspectos fundamentais do documento papal.

 

O venres a doutora en medicina Cristina López do Burgo falou da
transmisión da vida, signo de esperanza
e o director do Secretariado de
Pastoral do Maior da diocese de Xetafe, Álvaro Medina del Campo do
Acompañamento aos Maiores e aos Enfermos.

O sábado a fundadora de Mamás en Acción, Majo Gimeno presentou o
campo de traballo desta asociación, que acompaña a nenos hospitalizados
que están sós. Sobre o Acompañamento a Familias de Migrantes disertou a responsable da área de Animación comunitaria e Familia da Cáritas Diocesana de Canarias, Hiurma Martín, que presentou a dura realidade á que teñen que facer fronte a diario. Logo foi o director do servizo HIPRIFAM, Rodrigo Carcedo, quen presentou o traballo de acompañamento que realizan coas familias das persoas privadas de liberdade.

 

O bispo de Alcalá de Henares, mons. Antonio Prieto Lucena presentou o documento da CEE A vida é sempre un ben. Iniciar procesos para unha pastoral da vida humana e alertou dos perigos que se nos presentan hoxe e que ameazan gravemente á vida.

Clausurou as xornadas o domingo o presidente do Instituto do Corazón de Cristo, José María Alsina, quen presentou A mensaxe de Dilexit nos para as familias. Durante as xornadas os delegados de Familia e Vida de toda España tiveron ocasión de convivir, compartir inquietudes e retos, orar e celebrar a eucaristía diaria.

© 2023 - Archidiócese de Santiago de Compostela