XI Encontro diocesano de nenos e familias

Aberto o prazo de inscrición para a Xornada dos nenos e as familias

  • A xornada será o 1 de maio no colexio La Salle de Santiago
  • O lema deste ano é “Porque a esperanza existe”
  • É necesario inscribirse

As delegacións de Pastoral Familiar, de Infancia e Mocidade e de Catequese celebrarán conxuntamente o próximo 1 de maio o XI Encontro diocesano de nenos e familias. Nesta ocasión o escenario será o colexio de La Salle, en Santiago de Compostela.

Como cada ano, o noso arcebispo, mons. Francisco José Prieto, convócanos a todos os diocesanos a participar activamente nun día de convivencia no que se compaxinarán a formación cos xogos e o compartir. Nesta ocasión, e en coherencia co Ano xubilar romano, o lema é “Porque a esperanza existe”.

Este será o horario:

10.30h – Acollida (Colexio de La Salle).

11.00h – Actuación do grupo VALIVÁN (para todos os asistentes)

12.00h – Talleres (para familias e nenos)

14.00h – Comida (cada familia leva a súa propia comida)

15.00h – Xogos (nenos) / Café – coloquio (pais)

17.00h – Eucaristía na catedral presidida polo noso Arcebispo.

O encontro está pensado principalmente para nenos de 3º a 6º de Primaria (acompañados dos seus catequistas, párrocos e profesores) e para as familias. Pero tamén serán benvidos nenos máis pequenos ou maiores. En función do seu número organizaranse talleres e actividades específicas para eles.

¿Imos repartirnos en grupos para os talleres?

Os pais tamén terán os seus talleres pola mañá, preparados pola delegación de pastoral familiar.

Este ano pídese ás familias unha achega voluntaria de 1€ por participante para cubrir os gastos que carrexa o encontro e que recolleremos na mesa de inscrición.

Por tanto, é necesario inscribirse en grupo: parroquia, colexio, movemento etc.

Pódese ver o formulario na seguinte ligazón:

https://depasxuventude.com/encuentro-diocesano-de-ninos-y-familias-2025-ya-te-puedes- inscribir/

© 2023 - Archidiócese de Santiago de Compostela