¡O Advento comezou! E este tempo é máis que contar os días ata o Nadal; É unha oportunidade para reflexionar, prepararse para a vinda do Fillo de Deus, así como un tempo para reunirnos e crear recordos perdurables en familia. Este ano, dende a Pastoral Familiar de Santiago de Compostela, compartimos con vós o noso calendario de Advento, cheo de actividades sinxelas e divertidas para cada día. Vive este tempo de Advento cos teus fillos dunha forma diferente!