O 23 de xullo, a Igrexa universal celebrará a III Xornada Mundial de Avós e Maiores.
Este ano o Papa Francisco concede unha “indulxencia plenaria” aos avós, a anciáns e todos os fieis que, animados por un verdadeiro espírito de penitencia e de caridade, participan o 23 de xullo nesta xornada.
Dende a Delegación de Pastoral Familiar da Arquidiocese de Santiago de Compostela cremos que esta indulxencia do Papa é unha oportunidade para os nosos maiores sentan recoñecida a súa importancia fundamental dentro da comunidade e tamén para que as familias se acheguen á Eucaristía nese día con especial fervor Cristián e espírito de agradecemento cara aos seus maiores.
¡Celebremos con alegría a vida e o ensino dos nosos avós, sen os cales non seríamos o que somos!