Os Delegados da Pastoral Familiar de toda España afondan esta fin de semana en Guadarrama no novo modelo de pastoral familiar desenvolvido para toda a Igrexa polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, por expreso desexo do Papa Francisco.
Trátase dun innovador Itinerario catecumenal de vida matrimonial, que supón unha verdadeira revolución na forma de entender a pastoral. Viño novo que require odres novos.
No marco do curso anual de formación de Delegados de Familia e Vida contamos coa docencia da subsecretaria do Dicasterio, Gabriella Gambino. Ábrese unha nova metodoloxía para dar resposta aos novos retos dunha evanxelización que quere ser unitaria e transversal. Somos Igrexa no camiño.