IV Xornada Diocesana das Familias

  • Celebrarase o vindeiro sábado 6 de maio no Seminario Menor de Santiago de Compostela
  • Este ano coincide co IX Encontro Diocesano de Nenos
  • Haberá servizo de gardería
  • Inscribirse neste formulario


A Delegación de Pastoral Familiar convoca a todas as familias da arquidiocese para participar, o vindeiro sábado 6 de maio, nas IV Xornadas Diocesano de Familias. Coma sempre, vémonos no Seminario Menor en Santiago a partir das 11 da mañá.

Este será o segundo ano no que facemos coincidir este día familiar co IX Encontro Diocesano Infantil. Pretendemos que sexa un momento privilexiado para que pais e fillos desfruten xuntos dunha xornada na que, coma sempre, haberá, pola mañá, obradoiros formativos para todas as idades.

Ás 14:00 horas teremos unha comida de confraternidade na que cada familia levará o seu propio material. Entón teremos un bo tempo de xogos cooperativos e baixaremos ata a catedral, onde, ás 17:00 horas participaremos na Eucaristía que presidirá o noso arcebispo D. Julián Barrio.

Coma sempre, haberá un servizo de atención á infancia para facilitar a conciliación e a asistencia daquelas parellas con fillos pequenos.

Por motivos organizativos, é recomendable rexistrarse e indicar se necesitarás o servizo de coidado de nenos a través do seguinte formulario.

Esperámosvos a todos!

© 2021 - Archidiócese de Santiago de Compostela