O pasado sábado día 19, a parroquia de Santa María a Maior de Pontevedra celebrou as Vodas de Ouro e Prata de varios matrimonios que cumpriron 50 e 25 anos ao longo deste ano 2022.
Á celebración asistiron 5 vodas de prata e 1 de ouro. Na misa de Ás 20.00 horas, xa misa de Cristo Rei, renovaron os seus votos nupciales e ao remate da mesma compartiron un pincho no Centro Social Parroquia acompañados de membros do Grupo Familiar.
Dende a Delegación de Pastoral Familiar felicitamos a estas parellas pola súa traxectoria de felicidade e fidelidade e pedimos ao Señor que multiplique a súa anos de vida xuntos.