Cariñoso apoio de Mons. Prieto á Pastoral Familiar

Nunha fin de semana frenética, o arcebispo compostelán visitou aos axentes de pastoral familiar de Galicia, reunidos en Santiago no seu V Encontro Interdiocesano de Formación.

Mons. Prieto dirixiuse aos asistentes cunha reflexión na que destacou a idea central de que a familia é o lugar orixinario da esperanza, o primeiro espazo onde se aprende a esperar: esperar ao outro, confiar, acompañar os procesos con paciencia e a crer no futuro, mesmo no medio da fraxilidade. O arcebispo lembrou as palabras do papa Francisco nas que o pontífice definía á familia como o taller onde se forxa a alma dun pobo.

Mons. Prieto vinculou á familia co Xubileu, tempo para volver empezar, para restablecer a xustiza e a comuñón queridas por Deus. En clave familiar, o xubileu concrétase na renovación dos vínculos interpersoais, na reconciliación e a sanación das feridas, no redescubrir a alegría de estar xuntos. Presentou d. Francisco José á familia como escola de esperanza para o mundo, unha realidade na que, nunha sociedade marcada pola soidade e o individualismo, o amor cotián convértese en signo profético da esperanza. Concluíu o arcebispo compostelán que baixo a mirada de María, nai da esperanza, cada familia pode redescubrir a súa vocación de ser fogar onde Deus habita.

 

© 2023 - Archidiócesis de Santiago de Compostela