Un ano máis as delegacións de Familia e Vida das cinco dioceses galegas organizan unhas xornadas de formación no ámbito da pastoral familiar. O encontro terá lugar o sábado 18 e o domingo 19 de outubro na Casa Diocesana de Exercicios Espirituais de Santiago (Via Lucis). Este ano baixo o título “A familia, fonte de esperanza”.
Abrirá estas xornadas de formación o sacerdote da diocese de Tui Vigo e formador do Seminario Maior Interdiocesano, D. Ángel Carniceiro Carrera, que nos introducirá nos temas para abordar profundando na mensaxe da bula Spes non confundit coa que o papa Francisco convocou este ano Xubilar Romano.
D. Álvaro Medina del Campo, director de Pastoral do Maior da Diocese de Xetafe e ex-presidente nacional de Vida Ascendente tratará o tema da pastoral dos maiores e presentaranos algunhas iniciativas respecto diso.
D. Rodrigo Jesús Carcedo González, profesor titular do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Salamanca e director do servizo HIPRIFAM (Servizo de Atención Psicolóxica a Hijos de Persoas en prisión e as súas Familias) tratará o tema da atención ás familias das persoas privadas de liberdade.
Representantes de Al-anon presentarannos o seu traballo de apoio ás familias que conviven con persoas afectadas pola enfermidade do alcoholismo.
Finalizariamos o domingo abordando o Acompañamento a divorciados voltos a casar.
A formación vai dirixida principalmente a laicos comprometidos na pastoral familiar e de prisións, a sacerdotes e a relixiosos. Pero está aberta a calquera fiel que desexe profundar en calquera dos temas do programa.
Para a inscrición á xornada de formación, contactar con:
Ana Robles: 606 02 89 82
Antonio Gutiérrez: 679 22 07 88
Ou escribindo ao correo electrónico da Delegación: familiayvida@archicompostela.org