V Xornada Mundial dos Avós e Maiores

CARTEL

A Igrexa celebraremos o vindeiro domingo 27 de xullo a Quinta Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores. Unha celebración instaurada polo papa Francisco en 2021 cada cuarto domingo do mes de xullo, ao redor da festa dos santos Joaquín e Ana, avós de Jesús. Este ano baixo o lema Feliz o que non ve desvanecerse a súa esperanza.

Na súa primeira mensaxe con motivo desta festa o papa León XIV convídanos a recoñecer aos anciáns como destinatarios da atención pastoral e tamén como testemuñas da esperanza xa que, de maneira activa, son protagonistas da vida eclesial.

Para facilitar a participación do pobo crente, o pontífice decidiu que quen non poidan peregrinar a Roma este ano poderán conseguir a Indulxencia xubilar se se visita por un tempo aos anciáns en soidade ou se se realiza unha obra de caridade ou peregrinación onde eles estean presentes.

© 2023 - Archidiócesis de Santiago de Compostela