Calendario 2021-2022 Pastoral Familiar

CALENDARIO DA DELEGACIÓN DE PASTORAL FAMILIAR PARA O CURSO 2021-2022

1.- Sábado 6 de novembro de 2021. II Xornada Diocesana das Familias no Seminario Menor de Santiago de Compostela. Trátase de recuperar, na medida do posible, a proximidade, o abrazo, o compartir fraterno tras os duros meses de pandemia. O obxectivo da xornada é lanzar a mensaxe de que non estamos sós, que a Igrexa é nai acolledora que acompaña sempre, que sostén sempre na adversidade.

2.- 27-28 novembro. Encontro en Mondoñedo (Seminario Maior) dos responsables e axentes da Pastoral Familiar das cinco dioceses galegas. O obxectivo é compartir experiencias e proxectos e elaborar un programa común ás cinco dioceses porque comúns son os problemas e dificultades que aborda cada Igrexa particular galega.

3.- Domingo 26 de decembro. Eucaristía na festividade da Sacra Familia ás 20 h na Catedral de Santiago de Compostela. Esta festa, que se celebra dentro da Oitava de Nadal, convídanos a profundar no amor familiar a imitación de María, José e Jesús, onde “todas as familias do mundo poden achar o seu sólido punto de referencia e unha firme inspiración” (papa Francisco).

4.- Conferencias, charlas, mesas redondas, encontros… ao longo deste ano da Familia convocado polo papa Francisco o 19 de marzo de 2021 para celebrar o quinto aniversario da publicación da Amoris laetitia e que finalizará o 26 de xuño de 2022. O obxectivo é profundar na mensaxe da exhortación para ser un Iglesia cada día máis santa, máis evangélica, máis fraterna, máis nai acolledora.

5.- 14-21 de febreiro de 2022. Semana do Matrimonio, convocada con motivo do Ano da Familia e organizada pola Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española. Nesta semana a Iglesia queremos facer promoción do matrimonio como unha alianza entre un home e unha muller, unha vocación decididamente aberta á vida e á acollida aos máis necesitados

6.- Venres 25 de marzo de 2022, solemnidade da Anunciación do Señor. Xornada da Vida. Neste día a Iglesia queremos explicar que a vida é un ben fundamental, un agasallo de Deus Pai que é orixe dos demais bens. É un día para exaltar o gozo da vida fronte ao avance da cultura da morte e do descarte que nos está cercando.

7.- Asemblea de axentes da Pastoral Familiar (en data por determinar, pero probablemente na primavera de 2022). Os obxectivos desta asemblea son reforzar os lazos de amizade entre os axentes da pastoral familiar, intercambiar experiencias e propoñer melloras nos materiais da Diocese para os distintos itinerarios.

8.- 22-26 xuño 2022. X Encontro Mundial das Familias. Celébrase en Roma baixo o lema “O amor familiar: vocación e camiño de santidade”. Tal e como explicou o papa Francisco na presentación. o Encontro desenvolverase de forma multicéntrica, con iniciativas propias en cada diocese similar ás programadas en Roma. Búscase fomentar a participación de todo o pobo crente e, ao mesmo tempo, evitar o risco que aínda comporta viaxar debido á pandemia.

9.- Martes 26 de Julio de 2022. Día dos Avós e Persoas Maiores. Será a segunda xornada dunha iniciativa posta en marcha polo papa Francisco para expresar a proximidade do Señor e da Igrexa na vida dos nosos maiores. Unha festa para agradecerlle aos avós a súa entrega xenerosa ao coidado da familia e a súa sabedoría, posta ao servizo da sociedade.

© 2021 - Arquidiócese de Santiago de Compostela

POLITICA DE PRIVACIDADE

POLITICA DE COOKIES