Indulxencia plenaria na Xornada dos Avós e dos Maiores

O Penitenciario Apostólico concede a Indulxencia Plenaria aos avós, anciáns e todos os fieis que participan o 25 de xullo de 2021 na celebración que o papa Francisco presidirá na basílica papal do Vaticano ou nos distintos actos que terán lugar ao longo do mundo.

Tamén se concede indulxencia aos fieis que dedican un tempo adecuado a visitar aos seus irmáns maiores necesitados ou en dificultades. Aqueles que non poidan saír de casa por un motivo serio, recibirán a indulxencia uníndose espiritualmente ás celebracións deste día a través dos medios de comunicación.

O Penitenciario Apostólico recorda na súa nota as tres condicións habituais que a Igrexa require para obter indulxencia: confesión sacramental, comuñón eucarística e oración segundo as intencións do Sumo Pontífice.

© 2021 - Arquidiócese de Santiago de Compostela

POLITICA DE PRIVACIDADE

POLITICA DE COOKIES