O Prefecto do Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, o cardeal Kevin Farrell, presentou o X Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma do 22 ao 26 de xuño de 2022. O lema do Encontro é “O amor familiar: vocación e camiño de santidade” e servirá para clausurar o Ano da Familia decretado polo papa Francisco o pasado 12 de marzo con motivo do quinto aniversario da publicación da Amoris laetitia.
O encontro foi presentado vía en liña, en directo streaming para todo o mundo. Na súa intervención mons. Farrell lembrou que nesta ocasión o encontro non se desenvolverá unicamente en Roma, senón que será, tal e como o papa Francisco anunciou xa en xullo, un evento multicéntrico. É dicir, todas as dioceses do mundo poderán organizar actos e eucaristías nas mesmas xornadas nas que o papa reunirá en Roma só aos delegados das conferencias episcopais, os movementos e as asociacións familiares nunha medida de prudencia que ten en conta a pandemia por coronavirus.
Na mesma rolda de prensa a subsecretaria do Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, Gabriella Gambino, presentaba o programa do congreso. Anunciou que a eucaristía deste X Encontro das familias celebrarase na tarde do sábado 25 de xuño “para que todas as familias do mundo poidan celebrar co seu bispo o domingo”. O programa finalizará o domingo pola mañá co rezo do *Ángelus co Papa na Praza de San Pedro.
Con profundo dolor, pero con la esperanza firme en Cristo Resucitado, compartimos la triste noticia del fallecimiento de Su Santidad el Papa Francisco.
El Papa de la ternura, de la misericordia, del amor por los pobres y por la familia ha partido hoy a la Casa del Padre. Su vida fue testimonio de entrega,
de cercanía con los más pequeños, y de incansable búsqueda de una Iglesia más evangélica, fraterna y sinodal.
Desde la Pastoral Familiar, agradecemos su magisterio valiente, su impulso al cuidado de las familias y su incansable defensa de la vida.
Elevamos nuestra oración confiada por su alma y por toda la Iglesia, que hoy llora pero no desespera.
🙏 Descansa en paz, querido Papa Francisco. Gracias por mostrarnos el rostro de un Dios que siempre nos abraza.