Itinerario para noivos sen data de voda

Sodes unha parella con inquedanzas?

Queredes facer unha relación sólida?

Sentides que ides contra corrente cando falades de casarvos?

A Delegación de Pastoral Familiar da arquidiocese de Santiago convídavos a que vos unades a unha iniciativa que leva xa varios anos funcionando destinado a parellas que, coma vós, teñen pensado casar, pero non axiña.

Non pretendemos ensinarvos nada. Trátase de camiñar xuntos a través dun encontro mensual no que descubriredes ferramentas útiles para mellorar a vosa relación, para prever e superar dificultades, e para descubrir un futuro feliz dentro do matrimonio cristián.

Por qué vos ofrecemos este camiñar xuntos? Na Amoris laetitia, exhortación que vos animamos a ler, o papa Francisco lémbranos aos católicos que “precisamos axudar aos mozos a descubriren o valor e a riqueza do matrimonio”. De seguro que tedes amigos que fan bromas a cotío sobre o futuro dos que casan: que si perdes a liberdade, que si xa non vas ser ti… No fondo sabedes que iso é unha solemne parvada. Unha parella feliz é o ceo na terra.

Por iso ofrecémosvos encontros dinámicos, divertidos, nos que, acompañados por outras parellas de mozos, iremos facendo descubrimentos todos xuntos. Compartiremos experiencias, ideas e proxectos que nos enriquezan a todos, e descubriremos recursos para superar as dificultades que poidan xurdir na vida e que soen ser comúns a todas as parellas.

En definitiva, un acompañamento completo e integral que, queremos vos axude a medrar como parella e a sentar as bases do voso futuro matrimonio.

Onde nos podedes atopar? No correo electrónico pfamiliar@archicompostela.org

© 2021 - Archidiócese de Santiago de Compostela