III Xornada Diocesana das Familias

  • Celebrarase o vindeiro sábado 7 de maio no Seminario Menor de Santiago de Compostela
  • Este ano coincide co Encontro Diocesano de Nenos
  • Haberá servizo de gardería
  • Inscribirse neste formulario

A Delegación de Pastoral Familiar convoca a todas as familias da arquidiocese para participar, o vindeiro sábado 7 de maio, na III Xornada Diocesana das Familias. O escenario será o Seminario Menor “Nosa Señora da Asunción” (Avda. Quiroga Palacios, 2A, Santiago de Compostela).

Este ano a Xornada coincide co VIII Encontro Diocesano de Nenos, dirixido aos mozos que cursan entre 3º e 6º de primaria. Desde as delegacións de Pastoral Familiar e Infancia e Mocidade quixemos aproveitar as sinerxias e organizar un día de convivencia conxunto no que os nenos poidan xogar cos seus pais e con outros matrimonios cuxos fillos non estean nesta franxa de idade. Por iso haberá un servizo de gardería, a fin de permitir a conciliación familiar e por tanto a asistencia daqueles matrimonios que teñan fillos pequenos.

A Delegación de Pastoral Familiar organiza para os adultos un taller participativo no que se reflexionará sobre o feito de ser pais e sobre os retos que se lles expoñen ás familias hoxe en día. Farase fincapé dun modo especial nas dificultades para educar aos fillos nos valores evanxélicos e en como afrontar o uso responsable das redes sociais para evitar que se convertan nunha perigosa adicción.

Comezaremos ás 11 H coa habitual acollida para iniciar as actividades ás 11:30 H.

Ás 14 H teremos unha comida de confraternidade na que cada familia levará a súa propio avituallamiento. Ás 15:30 H participaremos na catedral na Eucaristía, presidida polo noso arcebispo, d. Julián Barrio Barrio.

Por motivos de organización, é conveniente inscribirse e indicar se se precisará o servizo de gardería a través do seguinte formulario.

Esperámosvos a todos!

© 2021 - Archidiócese de Santiago de Compostela