Xornada de formación do COF

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, presidirá o vindeiro sábado 26 de marzo unha Xornada de formación organizada polo Centro de Orientación Familiar da diocese na cidade da Coruña. Baixo o título xenérico “Abrindo camiños para as familias”, a xornada desenvolverase no centro Fonseca ( c/ Fonseca 8) en sesións de mañá e tarde. Pola mañá de 11 h a 14 h e pola tarde de 16:30 h a 19 h.

Abrirá as xornadas mons. Julián Barrio co relatorio “Unha Igrexa en saída. Amoris laetitia”. A continuación, o redentorista Sabatino Majorano, profesor emérito na Academia Alfonsiana de Roma e membro da comisión relatora dos dous sínodos sobre a familia celebrados en 2014 e 2015 e dos que xurdiu a exhortación do papa Francisco Amoris laetitia.

Tras o descanso será a quenda do xesuíta Pablo Guerrero, profesor de Teoloxía Pastoral e de Teoloxía Moral na Universidade Pontificia de Comillas. Na súa intervención analizará “O capítulo oitavo de Amoris laetitia: de considerar categorías abstractas a escoitar a persoas concretas”.

A sesión vespertina dedicarase a un panel de experiencias. Nel intervirá en primeiro lugar o bispo de Mondoñedo-Ferrol. Mons. Fernando García Cadiñanos falará sobre “As familias actuais desde a Doutrina Social da Igrexa”.

A Directora do Instituto Superior de Ciencias da Familia da Universidade Pontificia de Salamanca, Luz María Fernández Mateos falará sobre a “Identidade e misión dos institutos da familia tras as pegadas de Amoris laetitia do papa Francisco”.

Pecharán as xornadas membros do Centro de Orientación Familiar da arquidiocese compostelá, que compartirán as súas experiencias co testemuño “Traballando con familias. Experiencias desde un Centro de Orientación Familiar”.

A organización da xornada recomenda que os interesados inscríbanse previamente na dirección de correo electrónico cofsantiago@archicompostela.org.

TRÍPTICO COF, Abrindo camiños para a Familia (PDF)

© 2021 - Archidiócese de Santiago de Compostela