O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio Barrio, inaugurou o proceso sinodal que culminará en outubro de 2023 en Roma coa XVI Asemblea Xeral do Sínodo dos Bispos. Esta primeira fase diocesana alongarase ata abril do vindeiro ano e a ela están chamadas a participar as parroquias, comunidades relixiosas, movimentos e grupos de fieis, que traballarán sobre un documento preparatorio ofrecido polo Sínodo.

A andaina diocesana comezou cunha asamblea na igrexa do mosteiro das Benedictinas de San Paio de Antealtares, en Compostela. O bispo auxiliar, mons. Francisco José Prieto Fernández, presentou as fases, a metodoloxía e os obxetivos do Sínodo e lembrou que o Papa Francisco pídelle á Igrexa revitalización e renovación. Insistiu en que a sinodalidade é unha chamada a camiñar xuntos, en unidade pero con respecto á diversidade, vivindo con Igrexa peregrina e practicando a corresponsabilidade.

O bispo auxiliar convidou a reflexionar nestes meses sobre a realidade da Igrexa compostelá, sobre cómo vivimos a sinodalidade nas nosas parroquias e a discernir fraternalmente qué nos pide o Espírito Santo para vivir como Igrexa unida.

Salientou tres atitudes fundamentais que deben presidir o traballo sinodal: escoitar a Palabra de Deus e aos irmáns, discernir qué nos pide o Espirito Santo a cada un de nós e participación activa no proceso sinodal.

A continuación a asamblea escoitou os testemuños dun participante no Sínodo diocesano clausurado en 2017, un mozo que participou no pre sínodo convocado polo Papa Francisco previo ao Sínodo dos bispos sobre a mocidade, a fe e o discernimento vocacional de 2018, a presidente da Mans Unidas Compostela e a abadesa de San Paio de Antealtares.

Pechou a asamblea mons. Julián Barrio, que pediu ter en conta tres actitudes nos traballos sinodais: Sentir a fraternidade, descubrir a beleza en medio da escuridade e permanecer fieis ao Evanxeo descubrindo a mirada triste do marxinado, a dor do doente, os choros do neno con fame, a desesperanza do parado.

Lembrou que o Sínodo non é asamblearismo senón a busca da verdade que nos fai libres e o xeito de actuar é o servizo aos demáis. Rematou cun xesto de envío no que lle pediu aos asistentes que vivan o proceso sinodal inaugurado con esperanza e ledicia.

A inauguración concluiu cunha solemne eucaristía na catedral.